Publicador de contidos
Publicador de contidos

Do mercado de segunda man, o da roupa é o que máis crece

Do mercado de segunda man, o da roupa é o que máis crece

Este mercado acadou os corenta millóns de euros de facturación o ano pasado

Os expertos prevén que no 2030 o mercado mundial de segunda man duplique o de roupa nova

G24.gal 02/04/2024 14:33

Estrear roupa está pasando de moda e á hora de comprar, sobre todo os máis novos, valoran outros aspectos. 

Xunto á conciencia polo medio ambiente tamén prima a parte económica. Este mercado ofrece a posibilidade de adquirir roupa a mellores prezos. 

No ano 2022 as vendas on line de artigos usados creceron nun 80 por cento, e os expertos prevén que no 2030 o mercado mundial de segunda man duplique o de roupa nova. Este boom trasládase tamén ás tendas físicas, cada vez con máis clientes. 

As grandes empresas téxtiles non deixan pasar a oportunidade e súmanse a esta tendencia para non perder cota de mercado, é o caso de H&M e Inditex, que xa puxeron en marcha as súas plataformas de segunda man.

As marcas líderes apostan pola moda sostible con materiais reciclados como o algodón orgánico ou o lyocell, un tecido que se fai con pasta de árbores e que Finlandia produce en grandes cantidades. É o mesmo que quere facer Altri no seu proxecto en Palas de Rei. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos