Publicador de contidos

Publicador de contidos

Disturbios e uns setenta detidos en Bruxelas tras unha manifestación contra as restricións

Disturbios e uns setenta detidos en Bruxelas tras unha manifestación contra as restricións

Os enfrontamentos comezaron cando os asistentes se negaron a marchar

A policía usou canóns de auga e gases lacrimóxenos para dispersar os negacionistas

G24.gal 24/01/2022 08:04

En Bruxelas foron cincuenta mil as persoas que acudiron á manifestación contra as restricións sanitarias, segundo a policía, medio millón segundo os organizadores. A convocatoria rematou con violencia e uns setenta detidos.

Os enfrontamentos comezaron cando os asistentes se negaron a marchar. Esta protesta foi ideada para toda Europa por ser esta cidade a sede das institucións da Unión. Altos representantes dos organismos comunitarios expresaron a súa condena dos actos violentos.

A policía usou canóns de auga e gases lacrimóxenos para dispersar os negacionistas, pero aínda así tardou varias horas en recuperar o control. Hai 70 detidos e quince persoas feridas, tres delas axentes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar