Duplícase a incidencia na área sanitaria de Pontevedra nunha semana
Pontevedra é a terceira área sanitaria con máis incidencia
Duplicáronse os contaxios na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés e xa non podemos falar dos 298 positivos da semana pasada. Agora son xusto o dobre.
A xente na rúa opina e pensan que hai que tomar medidas sobre todos cos que se negar a vacinar. As multas poderían ser unha solución como ocorre noutros países europeos.
Tamén pensan que hai exceso de relaxación agora que temos un pouco máis de liberdade.
Vilagarcía é o concello da área sanitaria que amosa peores datos, con 62 positivos, séguelle Marín con 41. Tamén medran en Bueu, estaban case en cero e agora teñen trinta e seis.
Esta repunta nótase tamén nos hospitais con 18 ingresos en planta e 2 na UCI. Empeza así o mes de decembro, con todas as miradas postas no que vai ser do Nadal.
"Poñendo a vacina e facendo a PCR e todo isto, si que poderiamos xuntarnos, con seguridade pero xuntarnos", opina unha señora.