Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dispárase a demanda de probas covid horas antes da cea de fin de ano

Dispárase a demanda de probas covid horas antes da cea de fin de ano

 Acoden aos puntos de cribado porque tiveron contacto cun positivo ou porque teñen síntomas

Todos buscan un pouco de seguridade antes de xuntarse coa familia

G24.gal 30/12/2021 13:26

A explosión de contaxios que está a deixar a variante ómicron dispara a demanda de probas covid.

"Hai varios tipos de pacientes, algúns que son contactos, outros que teñen sintomas, e os que queren quedar tranquilos para pasar as festas", explica Mercedes Touriño Santos, enfermeira en cribados, e engade: "Levamos máis de 200 probas e 27 positivos"

Queren saber se están contaxiados porque cada vez se estreita máis o cerco. Todos teñen no seu contorno algún caso positivo.

"Tiven un contacto cun positivo", di unha das persoas que viñeron facer a proba. Outro engade: "E que cos casos que están chovendo".

Aquí pódese chegar con cita ou sen ela. Non importa a espera cando un marcha co resultado na man.

"Negativo, todo ben"; "Negativo, un alivio de cara a Noitevella".

E o motivo que máis se repite: buscan seguridade antes de xuntarse coa familia.

"Temos o compromiso de facer todos o test antes de xuntarnos", comentan durante a espera do resultado.

En Galicia fanse a diario máis de 30.000 probas diagnósticas. Hai 24 puntos de cribado habilitados para facer tests de antíxenos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos