Cargando resultados...
Disparan a un veciño de Cangas nun ollo cunha arma de balotes
Disparan a un veciño de Cangas nun ollo cunha arma de balotes
Os feitos tiveron lugar o pasado sábado 30 de novembro
A vítima permanece ingresada no hospital Povisa. Aínda non se produciu ningunha detención.
Lugar onde se desenvolveu o altercado
G24.gal
05/12/2024 12:58
O pasado sábado 30 de novembro un home recibiu un disparo nun ollo efectuado cunha arma de balotes. Os feitos tiveron lugar no municipio pontevedrés de Cangas.
Fontes da Garda Civil afirman que se está a determinar ao autor do disparo. Polo momento non se produciu ningunha detención.
O 30 de novembro, o posto da Garda Civil da localidade pontevedresa recibiu un aviso ás 20:45 horas. O motivo era unha agresión cunha arma de fogo. Cando chegaron ao lugar dos feitos atopáronse só un home tendido no chan. A vítima foi trasladada ao hospital Povisa, onde permanece aínda ingresado.