Biden asegura en Varsovia que a OTAN "está máis forte ca nunca"
Non menciona a saída de Rusia do START III
Di que hai por diante tempos duros e amargos, pero que Rusia non vencerá
Ante 30.000 persoas, na icónica praza do castelo de Varsovia, o presidente dos Estados Unidos respondeu a ese discurso de Putin con outro. Non falou explicitamente do abandono de Rusia do START III, pero valorou o momento actual: dixo que estamos nun punto de inflexión, que as decisións de hoxe marcarán as nosas vidas nas vindeiras décadas.
E malia ridiculizar a campaña militar rusa en Ucraína: "Putin deixa atrás tanques queimados e forzas rusas no caos", valorou que aínda quedan por diante tempos duros e días amargos.
Occidente non estivo conspirando para atacar Rusia, como dixo Putin hoxe, remarca o presidente de Estados Unidos, que rematou o seu discurso agradecéndolle a Polonia todo o que está a facer.
De peche, nenos con bandeiras e un tema da banda británica Coldplay ambientando o escenario posguerra fría en Varsovia, capital dun aliado crucial de Washington e Kíiv.