Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dimitrios Agravanis e o Breogán separan os seus camiños

Dimitrios Agravanis e o Breogán separan os seus camiños

O club e o xogador chegaron a un acordo para finalizar a vinculación

Foto @CBBreogan Foto @CBBreogan
G24.gal 10/10/2023 12:53 Última actualización 10/10/2023 13:20

Ante a recaída na súa lesión de aductor que lle impediron ter continuidade no traballo co equipo, o xogador Dimitrios Agravanis e o C. B. Breogán acordaron a finalización do seu contrato temporal.

"Desde o C. B. Breogán desexamos ao xogador o mellor no futuro e trabállase para atopar un substituto temporal ata o regreso de Nakic que segue no seu proceso de recuperación segundo o previsto".

Agravanis debutou coa camiseta celeste no amigable contra o Valencia Basket do pasado 10 de setembro, no que sufriu a primeira lesión muscular no aductor. Unha lesión que lle impediu participar no primeiro partido da liga Endesa ante o Baskonia.

A súa estrea na competición española produciuse na pista do Andorra, onde xogou 14 minutos. Dous días despois, sufriu unha recaída no duelo ante o Baxi Manresa disputado en Lugo.

Pola súa banda, Anthony Polite, terá mañá unha revisión para valorar a evolución da súa lesión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos