Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dimite Juventino Trigo como alcalde de Fene e Sandra Permuy asumirá o cargo

Dimite Juventino Trigo como alcalde de Fene e Sandra Permuy asumirá o cargo

O rexedor do BNG explicou que a súa decisión débese a "motivos persoais", destacando a necesidade dunha "substitución planificada e sen sobresaltos"

A nacionalista Sandra Permuy será a nova alcaldesa de Fene ata a celebración da sesión en que se elixirá a nova persoa que ocupará o posto

Juventino Trigo e Sandra Permuy (Europa Press) Juventino Trigo e Sandra Permuy (Europa Press)
G24.gal 02/05/2025 16:49

Juventino Trigo (BNG) anunciou que o vindeiro luns presentará a súa dimisión como alcalde de Fene (A Coruña), poñendo fin a unha etapa de 14 anos na política municipal.

Nunha emotiva conferencia de prensa celebrada no salón de plenos do Concello, explicou que a súa decisión débese a "motivos persoais", destacando a necesidade dunha "substitución planificada e sen sobresaltos" para o municipio.

"Foron anos intensos nos que traballei cada día con máxima entrega, ilusión e compromiso para mellorar a vida da nosa xente", afirmou Trigo ante os medios de comunicación, onde estivo acompañado de Sandra Permuy, a primeira tenenta de alcalde e futura rexedora.

Trigo agradeceu o apoio do seu equipo de goberno e dos veciños de Fene. O alcalde saínte lembrou os desafíos afrontados durante o seu mandato, como a crise dos trialometanos, a pandemia de Covid-19 e o recente apagamento eléctrico e destacou a importancia dun "proxecto colectivo, vivo e dinámico" na política municipal.

El anunciou que Permuy asumirá o cargo, describíndoa como "unha muller á que admira profundamente" e "unha persoa comprometida, que sente verdadeiramente paixón por Fene".

O nacionalista expresou a súa convicción de que Permuy "seguirá avanzando" no proxecto político do BNG para Fene.

Apoio da asamblea

Sandra Permuy, quen asumirá a alcaldía de forma provisional ata a celebración dun pleno extraordinario, agradeceu o apoio da Asemblea Local do BNG e comprometeuse a "seguir reclamando a construción naval civil en Fene", en alusión ao estaleiro da antiga Astano, agora Navantia, e a traballar por "un contexto de moito máis desenvolvemento económico, con mellores servizos públicos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade