Publicador de contidos
Publicador de contidos

Diego López non continuará no Español a próxima temporada

Diego López non continuará no Español a próxima temporada

O de Paradela finaliza á súa etapa no Español despois de seis tempadas nas que foi un dos capitáns do equipo

G24.gal 09/06/2022 12:05 Última actualización 09/06/2022 12:09

Diego López deixará de ser xogador do Español a partir do próximo 30 de xuño. O club branco e azul decidiu non renovar o contrato do porteiro, que poñerá fin á súa etapa no Español despois de seis tempadas nas que foi un dos capitáns do equipo e un dos grandes referentes do persoal españolista.

Capitán do primeiro equipo, Diego López foi, en todas estas tempadas, un dos piares do vestiario e un exemplo de profesionalidade para os seus compañeiros e os mozos que aspiran a ter unha carreira tan prolífica como a súa. Nestas seis tempadas, o meta galego disputou 213 partidos oficiais coa camiseta branca e azul, converténdose nun dos xogadores históricos do club. Ademais, estableceu tres récords de imbatibilidade co Español (Primeira División, Segunda División e en competición europea), ademais do premio Zamora ao porteiro menos goleado de Segunda División, conseguido na 20/21.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos