Cargando resultados...
Diego Epifanio, na previa da Copa Princesa: "Afrontámolo con ilusión e como un reto"
Os dous mellores equipos da primeira volta na Leb, Leyma e Estudiantes, disputan o primeiro título oficial da temporada
G24.gal
26/01/2024 15:34
Sabe Diego Epifanio o que é gañar unha Copa Princesa. Acadouno hai tres anos co Breogán. Agora, co Leyma, veo como un desafío motivador. Porque enfronte hai un Miura, ese Estudiantes ao que tamén adestrou. Do triunfo coruñés na primeira volta saca poucas conclusións. As finais son outra historia.
Para dez dos doce compoñentes do cadro coruñés será a primeira final da Copa Princesa. Tamén para o club, que anceia estrear a vitrina dos grandes éxitos.