Publicador de contidos

Publicador de contidos

Diego Alves, moi preto de asinar co Celta ata final de temporada

Diego Alves, moi preto de asinar co Celta ata final de temporada

O porteiro, de 37 anos, estaba sen equipo despois de deixar o Flamengo

Ten dez anos de experiencia na liga española entre o Almería e o Valencia

G24.gal 06/02/2023 22:20

O mercado de porteiros coa carta de liberdade non é moi extenso, e o Celta precisa un porteiro dun perfil moi determinado. Que asine polos vindeiros cinco meses e que teña unha adaptación doada ao país e á competición. 

Os dous requisitos cúmpreos o brasileiro Diego Alves. Ten 37 anos, pero vén de xogar con frecuencia no Flamengo. Conta cunha dilatada traxectoria na liga española, na que estivo durante dez temporadas, catro defendendo a porta do Almería e seis a do Valencia, e na meirande parte delas como o porteiro titular. 

Desde O Brasil xa dan a operación por feita á falta do recoñecemento médico. Alves viaxa cara a Vigo, onde agarda pasar os preceptivos controis e poñerse ás ordes de Carvalhal para disputarlle a titularidade a Iván Villar, que logo do partido contra o Betis tamén conta con moitas opcións de continuar como o titular ata o final da temporada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade