Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yolanda Díaz promete buscar "fórmulas imaxinativas" sobre o orzamento en defensa

Yolanda Díaz promete buscar "fórmulas imaxinativas" sobre o orzamento en defensa

A vicepresidenta Yolanda Díaz di que hai "máis coalición ca nunca"

G24.gal 06/07/2022 16:28 Última actualización 06/07/2022 23:55

A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, asegurou hoxe en Roma que a coalición do PSOE e Unidas Podemos "é máis imprescindible que nunca" ante "o reto de xigante" ao que se enfronta o Goberno para dar unha solución "á crise económica e social que vive o país".

"A nosa coalición progresista é máis imprescindible que nunca. Para dar unha mensaxe de tranquilidade ao meu país, o presidente (do Goberno, Pedro Sánchez) e eu imos buscar todas as fórmulas imaxinativas sobre o orzamento de defensa e o que máis me importa é que os españois non sufran", dixo Díaz nunha conferencia de prensa en Roma tras reunirse co seu colega italiano e o comisario europeo de Emprego.

Unidas Podemos espera que a reunión da mesa de seguimento do pacto de coalición de goberno, solicitada por Yolanda Díaz sexa antes do debate sobre o estado da nación, que comezará o vindeiro martes, aínda que o PSOE aposta por deixalo para despois.

Os morados confían en convencer o seu socio da necesidade "de reorientar o rumbo" nalgunhas cuestións e non só porque cren que hai que poñer o foco nas políticas económicas e sociais para protexer as familias e as pequenas empresas, senón que cren que é tamén bo para o goberno de coalición porque así a xente progresista verá que ten un goberno que "defende os seus intereses".

Os socialistas non parecen ter tanta présa en convocar esta reunión, segundo deu a entender o portavoz do grupo, Héctor Gómez, pola urxencia de preparar o debate de política xeral, que se celebrará os días 12, 13 e 14 de xullo.

En todo caso, insistiu na "predisposición" que sempre hai pola parte socialista en falar cos seus socios e sinalou que nas próximas horas falarán con Unidas Podemos para encaixar unha data, que parece que será tras o debate. 

Despois de días de fogo cruzado á conta do gasto militar, Pedro Sánchez e Ione Belarra aparecían xuntos nun acto a prol da infancia. 

A líder de Podemos recoñecía que o Goberno está a pasar por un momento complexo, pero garantiu a estabilidade ao dicir que van traballar xuntos ata o último minuto. Dende os socialistas, Isabel Rodríguez pedíalles que reformularan a súa politica de defensa, como fixeron Suecia ou Finlandia. E sobre a convocatoria da mesa do pacto, Rodríguez asúmeo con tranquilidade

O Partido Popular volve por a acento nas discrepancias entre o socios de Goberno
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade