Cargando resultados...
Día Mundial da Pizza: un restaurante italiano que abriu por amor e certa pizza de Lalín
En 2017 a Unesco declarou a pizza Patrimonio Inmaterial da Humanidade
G24.gal
09/02/2022 21:30
9 de febreiro, Día Mundial da Pizza. Para conmemoralo, visitamos un restaurante italiano que abriu en Galicia por amor. Ata hai non tanto aquí pensábase que eran empanadas sen tapa.
As pizzerías comezaron a instalarse en Galicia contra os anos 70. E hoxe seguen a multiplicarse, e quizais con máis gana.
E hoxe semella que somos máis de pizza. Domenico, italiano, segue vendo crecer este negocio. Abriu o seu primeiro Sicilia in Bocca en Santiago por un motivo concreto.
E xa son varios, e crecendo. Cos anos fomos facendo a pizza cada vez máis nosa. A pizza, din, naceu en Nápoles, pero o certo e que a pizza segue a dar voltas ao mundo.