Día Internacional das Linguas de Signos: concertos adaptados ás persoas xordas
Cada vez máis artistas de todo tipo inclúen a lingua de signos nas súas actuacións
Comezou hai uns anos a ser cada vez máis común, este camiño á inclusión, á igualdade. E hoxe podemos ver, sentir concertos, seguir as letras en lingua de signos.
Podemos ver así a Rihanna na Super Bowl. Tamén a Aitana cantando con lingua de signos ou a Coldplay nas súas últimas xiras.
Hai no mundo arredor de 70 millóns de persoas xordas. Utilizan máis de 300 linguas de signos. Nos concertos, estes intérpretes adaptan as letras. Non collen o texto literalmente, tratan de transmitir a intención de cada artista.
O rapeiro Eminem en lingua de signos é un espectáculo hipnótico. Caben todos os estilos, da xira de Bud Bunny deste mesmo ano á de Taylor Swift no pasado ano.
E Rozalén, á que vemos sobre o escenario en lingua de signos e tamén nun vídeo gravado por aquí cerca tira barreiras abaixo cantando onda unha intérprete de lingua de signos.
Feliz Día Internacional das Linguas de Signos. Feliz Semana Internacional das Persoas Xordas.