Publicador de contidos

Publicador de contidos

Día grande de Entroido por toda a provincia de Ourense

Día grande de Entroido por toda a provincia de Ourense

Felos e cigarróns encheron rúas e parroquias

A festa segue o domingo no triángulo máxico 

G24.gal 26/02/2022 19:57

Vilariño de Conso, Viana do Bolo, Maceda... boa parte dos concellos ourensáns viviron este sábado outra xornada grande de Entroido. Cigarróns, felos, pantallas ou boteiros e folións encheron a provincia co son das chocas e os bombos.

Tamén na capital houbo xolda e o espírito de don Carnal encheu as rúas de cor, disfraces e moito ruído. Foi o primeiro dos catro días grandes do Entroido na provincia de Ourense, un entroido que mestura as máis fondas tradicións coas referencias á actualidade e con elementos máis modernos e que, sobre todo, ten garantido a remuda xeracional.

Mañá vai continuar o Entroido por toda a provincia con actos destacados nos concellos do xa famoso triángulo máxico de Verín, Xinzo de Limia e Laza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos