Publicador de contidos

Publicador de contidos

A pel recorda que ten memoria e que previr o cancro é cousa de cada día

A pel recorda que ten memoria e que previr o cancro é cousa de cada día

Os expertos recomendan fuxir do sol nas horas centrais do día, protexerse con protección solar ou roupa e vixiar calquera cambio en lunares, manchas ou feridas

O melanoma é moi frecuente na franxa de xente nova e o cancro de pel, o de maior incidencia en España

G24.gal 13/06/2022 14:25

Este luns é o Día Europeo da Prevención contra o Cancro de Pel e coincide cunha vaga de calor que multiplica os bañistas nas nosas praias. Fuxir do sol entre as doce e as cinco, protexer a pel con protección solar ou roupa e controlar calquera lunar ou mancha sospeitosos son básicos para evitar este tipo de cancro que é o mais común no noso país. 

A teoría sabémola todos, pero na práctica seguimos a abusar da exposición ao sol á vista das imaxes que se repiten nas praias nas horas en que a radiación solar é mais perigosa.

Toda precaución é pouca, porque as consecuencias poden vir en forma de melanoma, que ten especial incidencia entre a xente nova. A vantaxe é que nós mesmos podemos revisar a nosa pel e ir ao médico ante calquera sinal de alerta.

"Se unha mancha nova que nos semella diferente ao resto, unha ferida que non cura, un lunar que é diferente, porque ten os bordos irregulares, porque é maior que o resto, ou en diferentes cores. Todo iso ten que levantar as alarmas e acudir ao noso médico ou dermatólogo", di Victoria Nespeira, dermatóloga.

Porque a detección precoz é fundamental no cancro de pel. Canto antes se elimine un lunar ou unha mancha sospeitosa, mellor será o prognóstico para unha curación total. Algo que non debería pasar se coidamos ben a pel coa protección axeitada, se buscamos mais a sombra que o sol e se lembramos que o bronceado e máis un signo de dano na pel que de saúde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade