Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dez mortos e 14 feridos nun tiroteo nun evento de carreiras en México

Dez mortos e 14 feridos nun tiroteo nun evento de carreiras en México

Un grupo de homes armados descendeu dunha camioneta e disparou contra os participantes nunha carreira de todo terreo con vehículos tipo razer en Baixa California

Os pilotos do rally Cachanillazo estaban parados na estrada Transpeninsular

Pilotos e vehículos tiroteados en Baixa California, México Pilotos e vehículos tiroteados en Baixa California, México
G24.gal 21/05/2023 13:17

Un ataque armado contra os participantes dun rally en Baixa California, en México, deixou polo menos dez falecidos e catorce feridos.

As vítimas participaban nun evento denominado Cachanillazo. A Dirección de Seguridade Pública Municipal indicou que ás 14.18 horas, hora local, o servizo de emerxencias 911 recibiu unha chamada na que se avisaba  de detonacións de arma de fogo e varias persoas lesionadas, segundo informou o xornal mexicano Zeta.

Todo sucedeu no quilómetro 90 da estrada Transpeninsular e os primeiros informes indican que unha camioneta gris, dun modelo moderno pero aínda sen especificar, chegou ao lugar e dela descenderon un grupo de persoas aínda indeterminado que comezaron a disparar contra os corredores que nese momento tiñan os seus coches aparcados.

Ata a zona dirixiruse persoal da policía municipal, Forza Estatal de Seguridade Cidadá, Secretaría de Mariña, Axencia Estatal de Investigación, Secretaría da Defensa Nacional, Dirección de Bombeiros e Cruz Vermella Mexicana. A Cruz Vermella encargouse do traslado dos feridos á zona urbana do municipio e dous foron atendidos en San Vicente.

A Fiscalía Xeral do Estado  Baixa California en colaboración coas autoridades locais está a investigar para determinar as causas do tráxico suceso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade