Publicador de contidos

Publicador de contidos

Polo menos tres mortos nun tiroteo na cidade sueca de Uppsala

Polo menos tres mortos nun tiroteo na cidade sueca de Uppsala

Testemuñas presenciais escoitaron entre sete e nove disparos

A policía estaría buscando un home que fuxiu do lugar en patinete eléctrico

Reuters Reuters
G24.gal 29/04/2025 21:28

Polo menos tres persoas morreron este martes nun tiroteo no centro da cidade sueca de Uppsala, 70 quilómetros ao norte de Estocolmo, confirmou a Policía deste país nórdico.

"Confirmouse a morte de tres persoas nun tiroteo. Como a policía está a traballar na identificación dos mortos, quere resaltar que ningún familiar foi informado. A policía investiga os feitos como homicidio", consta nun comunicado.

A policía de Uppsala recibiu un aviso de "fortes detonacións" preto da praza de Vaksala e bloqueou varias zonas lindeiras. Segundo medios suecos, testemuñas presenciais escoitaron entre sete e nove disparos e o tiroteo produciuse xunto a un salón de peiteado.

As autoridades non informaron de ningún detido, aínda que o xornal Aftonbladet  fala de que se busca un home que fuxiu do lugar nun patinete eléctrico. A policía puxo en marcha un amplo operativo policial que inclúe helicópteros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade