Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dez ministros encabezan as listas electorais do PSOE, que recupera a Carmen Calvo e a José Luís Ábalos

Dez ministros encabezan as listas electorais do PSOE, que recupera a Carmen Calvo e a José Luís Ábalos

Javier Lambán e a dirección provincial de Zaragoza ceden ante Ferraz e colocan a Pilar Alegría de número un

G24.gal 07/06/2023 20:31 Última actualización 07/06/2023 20:44

Pedro Sánchez levará de número dous na lista por Madrid a Teresa Ribera e a Margarita Robles no posto catro.

A maioría dos ministros encabezarán as candidaturas ao Congreso. Empezando por José Miñones, número un pola Coruña. Isabel Rodríguez será a cabeza de cartel por Cidade Real, Luis Planas por Córdoba, María Jesús Montero por Sevilla, Grande-Marlaska por Cádiz e Diana Morant por Valencia, onde irá de número dous o exministro José Luis Ábalos. Outra reincoporación é a de Carmen Calvo, que encabezará a lista por Granada.

A ministra Pilar Alegría será finalmente a cabeza de lista por Zaragoza. Javier Lambán e dirección provincial querían poñer outro candidato, pero cederan ás presións de Ferraz a cambio de elixir con plen autonomía o resto da lista.

Como xa pasou nas anteriores eleccións, Nadia Calviño, vicepresidentra primeira do Goberno, non irá en ningunha lista electoral do PSOE.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade