Publicador de contidos

Publicador de contidos

DeWayne Russell: "Na casa sentímonos con confianza para gañar a calquera equipo"

DeWayne Russell: "Na casa sentímonos con confianza para gañar a calquera equipo"

Rusell recibiu o premio Estrella Galicia ao mellor xogador do Breogán no mes de novembro

G24.gal 09/12/2025 19:00 Última actualización 09/12/2025 19:07

O base estadounidense DeWayne Russell apelou este martes ao factor Pazo, en referencia ao apoio que reciben da súa incondicional afección cando xogan en Lugo, para derrotar o Tenerife.

“Na casa sentímonos con confianza para gañar a calquera equipo. Estamos preparados para competir, con ganas de volver vivir a atmosfera do Pazo, que é das mellores da Liga”, comentou o xogador americano.

Rusell recibiu o premio Estrella Galicia ao mellor xogador do Breogán no mes de novembro. Un mes que o conxunto dirixido por Luis Casimiro pechou con tres vitorias  e unha soa derrota na súa pista ante o Gran Canaria.

“A clave desta boa serie foi a concentración e a capacidade do grupo de estar unidos”, manifestou DeWayne Russell, quen a nivel persoal dixo estar “agradecido” por recibir un premio que outorgan os afeccionados breoganistas.

“Teño que seguir traballando para mellorar porque aínda podo dar moito máis. O meu obxectivo é axudar o equipo para conseguir os obxectivos”, destacou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar