Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un veciño da Coruña por unha vaga de roubos en varios concellos

Detido un veciño da Coruña por unha vaga de roubos en varios concellos

G24.gal 27/12/2023 08:26

A Garda Civil detivo un veciño da Coruña como presunto autor dunha vaga de roubos na Coruña, Ordes, Arzúa e Betanzos.

No marco da operación Orsiro, levada a cabo polos membros do Posto de Ordes, Sigüeiro e o Equipo ROCA de Santiago de Compostela, logrouse a detención dun individuo pola súa presunta participación nunha serie de delitos que xeraron alarma social nas comarcas da Coruña, Ordes, Arzúa e Betanzos.

A operación levouse a  cabo despois dunha vaga de roubos no interior de vehículos nas áreas mencionadas. Principalmente, os vehículos afectados eran turismos estacionados en lugares
pouco transitados e aparcadoiros exteriores próximos a igrexas.

O modus operandi do sospeitoso implicaba inicialmente a subtracción dun vehículo na área metropolitana da Coruña, utilizando chaves previamente roubadas. Logo desprazábase a outras localidades, onde levaba a cabo labores de vixilancia en zonas pouco transitadas.

No caso de vehículos recentemente estacionados coas portas abertas, procedía á subtracción de obxectos de valor, como lentes de sol, carteiras, bolsos, teléfonos móbiles e pezas de vestir. Se o vehículo estaba pechado, rompía algún cristal para consumar o furto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar