Publicador de contidos

Publicador de contidos

O actor Luis Lorenzo e a súa parella, en liberdade provisional acusados de matar con veleno a tía dela para herdar

O actor Luis Lorenzo e a súa parella, en liberdade provisional acusados de matar con veleno a tía dela para herdar

O intérprete afronta canda a cónxuxe un posible delito de asasinato

A xuíza deixounos libres pero non poderán saír de España

G24.gal 27/05/2022 14:12 Última actualización 28/05/2022 09:27

O actor Luis Lorenzo e a súa parella foron detidos na localidade madrileña de Rivas Vaciamadrid polo presunto envelenamento durante meses dunha tía dela. A vítima, unha anciá de 85 anos, finalmente faleceu en xuño de 2021. Ao parecer, a morte provocáronlla para cobrar a súa herdanza.

Luis Lorenzo e a súa parella, acusados dun delito de asasinato, pasaron este venres á disposición xudicial do Xulgado de Garda de Arganda del Rey (Madrid), cuxo titular decretou o segredo de sumario no caso.

A xuíza deixou en liberdade a parella en calidade de investigados por presunto homicidio por envelenamento. Como medida cautelar imponlle a obriga de presentarse no xulgado todas as semanas, como solicitaba a Fiscalía de Madrid.

A delegada do Goberno en Madrid, Mercedes González, relatou que a investigación abriuse cando o irmán da vítima interpuxo unha denuncia en Asturias dubidando da suposta morte natural da súa irmá octoxenaria; era a conclusión que se desprendía da primeira autopsia realizada ao cadáver.

A tía da parella do actor Luis Lorenzo facía visitas esporádicas ao domicilio de ambos en Rivas Vaciamadrid, onde antes do verán de 2021 pasou unha longa tempada.

A  muller faleceu no mes de xuño e, tras a denuncia do seu irmán, o caso pasou a mans da Comandancia de Madrid, onde se ordenou a realización dunha segunda autopsia "ante as sospeitas dun posible homicidio ou asasinato".

Nesta segunda autopsia do corpo da octoxenaria achouse un "gran contido" de substancias que lle causaron o falecemento por envelenamento, indicou a delegada, quen agradeceu o traballo dos axentes da Garda Civil nunha investigación que se prolongou un ano.

Os investigadores determinaron que o actor e a súa parella eran os presuntos autores deste asasinato mediante envelenamento motivado pola herdanza da vítima, polo que procederon á súa detención esta mesma semana.

Luis Lorenzo, coñecido polos seus papeis en series como La que se avecina ou El comisario, segundo a base de datos Internet Movie Data Base, traballou por última vez nunha serie de televisión en 2014, concretamente en varios capítulos de La que se avecina, interpretando o personaxe de Ferrán Barreiros. Nesta serie estivo desde 2011 a 2014 e antes traballou en proxectos como La pecera de Eva, Homicidios, Hospital central e El comisario, entre outras.

A súa carreira profesional comezou como presentador de televisión acompañando a Raffaella Carrá en Hola Rafaella!, o programa que a cantante realizou en Televisión Española entre 1992 e 1994. Tamén en televisión, unha vez finalizado o programa da italiana, acompañou durante dúas tempadas a Bárbara Rey noutro programa musical e de variedade, Esto es espectáculo (1995–1996).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade