Publicador de contidos

Detidos nove rapaces, sete deles menores, pola violación en grupo de dúas nenas en Italia

Detidos nove rapaces, sete deles menores, pola violación en grupo de dúas nenas en Italia

Para identificar e localizar os agresores foron fundamentais os vídeos recibidos no móbil por un familiar dunha das vítimas

G24.gal 26/09/2023 12:38

En Italia, a policía arrestou 9 rapaces, sete deles menores de idade, pola súa presunta relación coa violación en grupo de dúas nenas de 10 e 12 anos en Caivano, no sur do país.

Para identificar e localizar os agresores foron fundamentais os vídeos recibidos no móbil por un familiar dunha das vítimas.

As ordes de detención foron ditadas polo xuíz de instrución do Tribunal de Menores de Nápoles, a petición dos investigadores encargados do caso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade

Publicador de contidos