Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un mozo na Coruña por un presunto intento de homicidio a unha compañeira de piso

Detido un mozo na Coruña por un presunto intento de homicidio a unha compañeira de piso

A moza recibiu unha puñalada no pescozo tras unha discusión e está en estado  grave no CHUAC

Durante a discusión tamén se lle prendeu lume a un colchón o que provocou un incendio e unha grade fumareda

A agresión produciuse nun piso compartido do Paseo de Ronda da Coruña

Exterior do edificio no que se produciu a agresión dun dos convivintes a unha das rapazas coas que compartía piso
G24.gal 20/12/2025 16:11 Última actualización 20/12/2025 18:12

A Policía Nacional detivo un mozo nun piso do edificio número 28 do Paseo de Ronda, en Riazor, polo presunto intento de homicidio a unha das compañeiras da vivenda que compartían.

Os feitos ocorrrían contra as dúas da tarde. Ao parecer, tras unha discusión, o mozo, presuntamente, feriu cunha arma branca a unha compañeira de piso no pescozo. A moza foi trasladada ao CHUAC e está en estado grave, segundo fontes próximas ao caso. 

O agresor tamén tivo que ser atendido polos servizos de urxencias e atópase en dependencias policiais.

A investigación segue aberta, pero en principio descártase que sexa un caso de violencia machista, xa que a vítima e o agresor non son nin foron parella.

Amais do 061 e a Policía Nacional, á zona tamén se trasladaron os bombeiros. No transcurso da pelexa, un dos implicados, preudeulle lume a un colchón. O lume provocou unha fumareda grande, que axiña se fixo visible desde a rúa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade