Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un mozo en Sevilla polo asasinato dunha muller con arma branca

Detido un mozo en Sevilla polo asasinato dunha muller con arma branca

A agresión produciuse nun portal e a vítima, nada no 1997, faleceu no lugar dos feitos 

A principal hipótese que manexan as forzas de seguridade é o crime machista

O portal onde faleceu a rapaza. EFE/David Arjona O portal onde faleceu a rapaza. EFE/David Arjona
G24.gal 28/09/2025 12:40 Última actualización 28/09/2025 13:53

A Policía Nacional detivo un mozo de 21 anos este domingo pola súa presunta implicación no asasinato con arma branca dunha muller, nada no 1997, no barrio de Sevilla Este da capital hispalense.

As forzas de seguridade abriron unha investigación para determinar se podería tratarse ou non dun caso de violencia machista, que nestes momentos é a principal hipótese, segundo sinala o subdelegado do Goberno en Sevilla, Francisco Toscano.

O 112 de Andalucía recibiu a chamada dunha testemuña sobre as 3:10 da mañá. Segundo relatou, a moza agredida "estaba a sangrar e pedía axuda" nun portal.

O persoal médico do 061 confirmou o falecemento da vítima no lugar dos feitos e o traslado do suposto agresor ao hospital Virgen Macarena de Sevilla logo de tentar autolesionarse.

Relación sentimental coa vítima

Nun audio remitido á prensa, Toscano sinala que o detido, principal sospeitoso da agresión, "é un home nado no ano 2004 que ao parecer mantiña algún tipo de relación sentimental coa vítima".

"Por tanto, e a expensas da continuidade da investigación e coa prudencia debida neste tipo de casos, a principal hipótese coa que traballan as forzas e corpos de seguridade do Estado é que podería tratarse dun asasinato machista", indicou.

Tamén precisou que "non consta que existan denuncias previas nin medidas de protección xudicial para a vítima neste momento; con todo, por episodios anteriores de violencia nos que estivo implicada, si tiña expediente aberto no sistema Viogen".

Por último, Toscano fixo un chamamento "non só ás mulleres que poidan sentirse vítimas de calquera tipo de agresión, senón á sociedade no seu conxunto para que conten coas forzas e corpos de seguridade do Estado, xa que se trata de salvar vidas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade