Detido un home por violencia machista e a nai da vítima por agredir un dos policías
A nai da vítima tratou de impedir que os axentes da Policía Local de Santiago falaran con ela e evitar a detención
A presunta agresión produciuse na madrugada do xoves, nunha vivenda situda na rúa Roma, do barrio compostelán das Fontiñas. Tras recibir un aviso, a Policía Local presentouse no domicilio do matrimonio e unha vez feitas as comprobacións procedeu a deter o marido da vítima.
A actuación policial non rematou aí, xa que os axentes viron obstaculizado o seu traballo pola nai da vítima, que intentaba restarlle importancia ao sucedido impedindo que a policía puidese entrevistar a muller presuntamente agredida.
Con actitude violenta, a proxenitora chegou a agredir tamén un dos axentes ao que pegou unha labazada polo que tamén foi detida e imputada por un presunto delito de atentado contra a autoridade.