Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home na Coruña por apuñalar un compañeiro de piso

Detido un home na Coruña por apuñalar un compañeiro de piso

A vítima tivo que ser atendida no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña 

 

Arquivo Arquivo
G24.gal 29/09/2025 10:56 Última actualización 29/09/2025 13:38

A Policía Nacional detivo o domingo á mañá na Coruña un home por agredir outro cunha arma branca nun brazo.

Segundo fontes próximas ao caso, foi no transcurso dunha "disputa" en que participaron "varias persoas".

A vítima foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) para recibir atención médica. O presunto agresor pasou este luns á disposición xudicial.

Os feitos ocorreron na madrugada do domingo nunha vivenda do número 137 da Ronda de Outeiro, onde xa se rexistraran incidentes violentos con anterioridade. Os transeúntes avisaron a policía ao ver na rúa un home chorreando sangue.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade