Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home con antecedentes mata a súa parella e a filla desta en Valladolid

Un home con antecedentes mata a súa parella e a filla desta en Valladolid

O suposto autor tiña antecedentes por violencia machista contra unha parella anterior en 2017

(EFE/Nacho Gallego)
G24.gal 23/01/2023 08:58 Última actualización 23/01/2023 18:44

A Policía Nacional detivo en Valladolid a un home de 44 anos, con antecedentes por violencia machista, como suposto autor do asasinato a coiteladas da súa parella, de 45 anos, e a filla desta, de 8 anos.

A delegada do Goberno en Castela e León, Virginia Barcones, e o xefe superior da Policía Nacional na Comunidade, Juan José Campesiño, deron a coñecer detalles de que como ocorreron os feitos tras gardar uns minutos de silencio de condena polos dous asasinatos diante dunha pancarta na que se podía ler "Non + violencia de xénero".

Foi ás 3:12 horas da madrugada deste luns cando o 112 recibiu a chamada dun home que informou de que lle telefonaba o seu cuñado dicindo que matara á súa parella, especificou Barcones.

A Policía Nacional acudiu ao edificio onde residían a muller e a súa filla, no céntrico Paseo de Zorrilla de Valladolid, aínda que non puideron entrar á casa debido a que a chave estaba posta por dentro.

Foron os bombeiros os que conseguiron acceder por unha xanela do domicilio, situado na quinta planta e, ao entrar os axentes á casa, atoparon a muller e a súa filla India asasinadas e a un home con feridas no peito e as bonecas.

O presunto asasino, despois de acabar coa vida de ambas, tentou facer o propio coa súa, segundo manifestou a delegada do Goberno.

O suposto autor, que neses momentos non dixo nada aos policías, foi atendido e trasladado ao Hospital Clínico da cidade, onde foi intervido cirurxicamente e no que se atopa, arrestado, en principio fóra de perigo.

A Policía interveu no domicilio dúas armas brancas -dous coitelos de cociña- que se supón que foron empregados para cometer os delitos, aínda que o terá que confirmar a investigación, segundo explicou o xefe superior da Policía Nacional, Juan José Campesino.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade