Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido en Pontevedra por matar a coiteladas unha muller de 33 anos

Detido en Pontevedra por matar a coiteladas unha muller de 33 anos

A vítima e o agresor coñecíanse, pero non mantiñan unha relación sentimental

Investígase un posible axuste de contas por drogas

G24.gal 22/05/2023 08:54 Última actualización 22/05/2023 14:24

Un home foi detido este luns tras supostamente matar unha muller de 33 anos cunha arma branca contra as cinco da madrugada en Pontevedra. As coiteladas que recibiu a vítima foron letais pero ademais recibiu numerosos golpes na cabeza.

Os feitos producíronse entre as localidades de Marín e Pontevedra, no lugar de Cunchidos, na zona de Estribela. A Policía descarta un crime machista. A vítima e o seu presunto agresor coñecíanse, pero non tiñan ningunha relación sentimental. Os dous frecuentaban o inmoble ocupado, onde xa se rexistraran outros incidentes.

Hipótese do crime

A investigación está aberta, pero un axuste de contas por drogas barállase como principal hipótese.  O home foi detido pola Policía Local de Marín e atópase nos calabozos de Pontevedra. Da investigación ocúpase a Policía Nacional. Está previsto que o home detido, como presunto autor dun delito de homicidio, pase a disposición xudicial nas próximas horas, mentres a Policía Científica traballa para recadar as probas necesarias e pechar a investigación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade