Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home en Manresa polo presunto asasinato da súa parella

Detido un home en Manresa polo presunto asasinato da súa parella

A muller estaba embarazada

A autopsia revela morte por asfixia

Antón Montero 15/05/2023 20:51 Última actualización 15/05/2023 20:57

Os feitos aconteceron na madrugada do pasado día 6. Un home avisou os Mossos d'Esquadra porque perdera as chaves e na casa non lle abrían. Os axentes forzaron a porta e atoparon a súa parella morta.

Todo apuntaba a un accidente, pero a incoherencia dalgunhas respostas do home sobre o que fixera aquela noite espertaron as primeiras sospeitas, confirmadas despois pola autopsia: a muller falecera por asfixia manual.

A parella, que non tiña antecedentes por violencia de xénero, acababa de chegar á veciñanza.

"Un par de meses, como moito. Non falaban cos veciños, non eran moi sociables. A ela nin a vimos, e a el, dúas veces que o vin, nin saudou", contaba unha veciña.

O home, de nacionalidade española, foi detido este luns. De confirmarse, sería o décimo sétimo asasinato por violencia machista no que vai de ano. O Concello de Manresa decretou tres días de loito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade