Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido tras perseguir o garda de seguridade da Cruz Vermella cunha machada

Detido tras perseguir o garda de seguridade da Cruz Vermella cunha machada

Desconforme coa asistencia psicolóxica que recibira na Cruz Vermella regresou armado e atacou o garda de seguridade

Imaxes cedidas por El Progreso
G24.gal 29/11/2022 13:20

Deteñen en Lugo un mozo que, armado cunha machada, perseguiu pola rúa o garda de seguridade da Cruz Vermella. Por sorte, non chegou a alcanzalo. 

Unha escena estremecedora que tivo lugar a plena luz do día e ante a mirada atónita dos que pasaban pola rúa.

O mozo acudira á Cruz Vermella para recibir asistencia psicolóxica. Primeiro ameazou as traballadoras do consultorio advertíndoas de que volvería armado e así o fixo.

O detido conta cun amplo historial delituoso. Tras pasar polos calabozos da policía, quedaba de novo en liberdade.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade