Detido por matar a nai a coiteladas no concello xerundense de Maçanet
O suceso rexistrouse contra o mediodía cando os veciños alertaron á policía de que había unha muller ferida na rúa
A agresión produciuse supostamente durante unha discusión na vivenda familiar

Os Mossos d´Esquadra detiveron un home de 33 anos acusado de matar a coiteladas á súa nai de 51 durante un brote psicótico sufrido polo primeiro na localidade xerundense de Maçanet de la Selva.
O crime sucedeu contra o mediodía, cando a policía Local de Maçanet e os Mossos recibiron un aviso de que había unha muller ferida na vía pública.
Varias dotacións da policía e do Sistema de Emerxencias Médicas desprazáronse ata o lugar, despois de que un familiar buscara axuda nun centro sanitario, pero non se puido facer nada para salvarlle a vida á muller.
Horas máis tarde axentes da División de Investigación criminal dos Mossos en Xirona detiveron un home como suposto autor do homicidio.
O arrestado, de 33 anos. é fillo da vítima, de 51 anos. Desde o concello de Maçanet confirman que o presunto homicida sufría no momento do ataque un brote psicótico.
A agresión producise ao parecer durante unha discusión na vivenda da familia. O concello de Maçanet de la Selva lamenta "profundamente" a morte da veciña e condenou o parricidio. A alcaldesa decretou un día de loito para o domingo e este sábado gardarase un minuto de silencio ás 20:00 horas na praza do concello.