Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen un home en Redondela por agredir dous policías

Deteñen un home en Redondela por agredir dous policías

O arrestado, de 46 anos, estaba baixo os efectos do alcol

G24.gal 17/10/2022 13:51

Noite axitada para as forzas da orde en Redondela por mor dun home que ía bébedo e causou lesións leves a dous axentes cando intentaron reducilo. 

Era a unha e media da noite cando a policía de Redondela recibiu un aviso porque un home estaba batendo cun banco nun local que acababa de pechar. Ata o lugar desprazáronse efectivos das policías local e da nacional. 

O home, de 46 anos, é moi alto e corpulento, e estaba baixo os efectos do alcol. Cando a policía intentou disuadilo, comezou un forcexo que acabou cos dous axentes feridos ao intentar reducilo. O home é ben coñecido pola policía de Redondela, por protagonizar altercados similares cando está baixo os efectos do alcol.

Hai un mes outros axentes quedaron feridos ao intervir nunha pelexa tamén por mor do alcol. A fin da pandemia está a multiplicar os incidentes no ocio nocturno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade