Detido por agredir cunha machada tres persoas en Granada
Durante a fuxida, o home provocou un accidente de tráfico sen feridos, pero que causou danos nun coche, tras o que foi arrestado
A Garda Civil detivo en Montefrío, Granada, un home por agredir en plena rúa cunha machada tres veciños do municipio, dúas mulleres e un home, que resultaron feridos.
Segundo informaron o instituto armado e o centro de emerxencias 112, a agresión produciuse arredor das 11:00 horas na vía pública, e o presunto autor, que xa foi detido, ía provisto dunha machada coa que atacou as tres persoas.
Ata o lugar desprazáronse efectivos sanitarios xunto a un helicóptero, segundo o 112, que ten constancia de dúas mulleres feridas, unha delas de maior gravidade. Tras os feitos activouse o protocolo xudicial.
Fontes do caso detallaron que a máis nova das dúas mulleres sufriu un traumatismo na cabeza e a outra foi evacuada con lesións por arma branca nas mans, alén da amputación dun dedo.
Durante a fuxida, o home provocou un accidente de tráfico sen feridos, que causou danos nun coche, tras o que foi arrestado.