Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido por agredir cunha barra metálica o sancristán dunha igrexa de Santiago

Detido por agredir cunha barra metálica o sancristán dunha igrexa de Santiago

A vítima precisou o traslado ao hospital tras recibir golpes na cabeza e nun brazo

Os feitos sucederon na Igrexa de Santa María Salomé antes de comezar a eucaristía

O arrestado é un mozo de 25 anos con trastornos psiquiátricos

Igrexa de Santa María Salomé, Santiago de Compostela Igrexa de Santa María Salomé, Santiago de Compostela
G24.gal 03/12/2022 16:51 Última actualización 03/12/2022 17:42

A policía detivo un mozo de 25 anos por agredir cunha barra metálica o sancristán dunha igrexa situada no centro histórico de Santiago de Compostela.

Os feitos sucederon contra as 19:00 horas do venres cando estaba a piques de iniciarse unha eucaristía na igrexa de Santa María Salomé, situada na Rúa Nova da zona vella.

Fontes municipais din que o agresor é un mozo de 25 anos que padece trastornos psiquiátricos e que se atopaba de acollida en casa do sancristán, que foi trasladado a un centro hospitalario despois de recibir golpes na cabeza e nun brazo.

O autor da agresión emprendeu unha fuxida que rematou en Porta Faxeira, onde foi interceptado e arrestado por axentes da Policía Local de Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade