Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido o suposto autor dun tiroteo ocorrido en Maceda en novembro

Detido o suposto autor dun tiroteo ocorrido en Maceda en novembro

G24.gal 06/01/2023 16:21 Última actualización 06/01/2023 21:16

A Garda Civil arresta o presunto autor de varios disparos que o pasado mes de novembro feriron de gravidade un home nun edificio situado no municipio ourensán de Maceda.

Os feitos tiveron lugar na noite do 2 de novembro cando supostamente o arrestado se dirixiu ao domicilio desta persoa e lle disparou.

O detido está acusado dun delito de homicidio en grao de tentativa. 

A vítima sufriu lesións na cara, tórax e abdome.

A operación continúa aberta e, polo momento, descoñécense máis datos sobre a detención.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar