Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido o suposto agresor do mozo acoitelado nunha terraza de Ourense

Detido o suposto agresor do mozo acoitelado nunha terraza de Ourense

Ambos os dous son compañeiros de clase nun centro de FP da Carballeira

 

G24.gal 11/12/2021 11:20

O suceso tivo lugar a primeira hora da mañá deste venres. A vítima, duns 20 anos, estaba a tomar algo na terraza dun bar na zona da Carballeira con outros compañeiros cando apareceu o presunto agresor e o acoitelou nas costas. 

Tras a agresión fuxiu e, logo de horas de busca, as forzas de seguridade conseguiron detelo este sábado. Polo momento, está en comisaría. A investigación continúa aberta.

O ferido foi trasladado ao complexo hospitalario ourensán, onde permanece estable. Tanto a vítima coma o presunto agresor son compañeiros de clase no centro de formación profesional da Carballeira. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade