Detido o home que picaba rodas no porto de Cangas
Co apoio das cámaras de seguridade e un operativo da Garda Civil conseguiron collelo na allada
A Garda Civil de Cangas detido esta semana o home que sementou o temor no porto cangués, xa que picou supostamente preto dunha ducia de rodas a vehículos de alta gama en dúas semanas.
Co apoio das cámaras de seguridade e un operativo da Garda Civil conseguiron collelo na allada cando picaba as rodas dun Mercedes cun coitelo de cociña.
É un veciño de Cangas de 68 anos vello coñecido das forzas da orde con varios antecedentes. No peirao tamén o coñecen porque vén facer exercicio e polo seu talante agresivo e porque sempre porta armas brancas e intimida e amenaza a outros usuarios.
O home pasou xa a disposición xudicial e xa quedou en liberdade. Os veciños confían en que este último susto o afaste dos peiraos e dos seus vehículos.