Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido o 'narco da Wikipedia' nunha operación contra un grupo criminal no Levante

Detido o 'narco da Wikipedia' nunha operación contra un grupo criminal no Levante

A Policía considérao o cerebro da maior rede criminal que operaba no leste de España

Os axentes incautáronse de máis dunha tonelada de cocaína e de activos valorados en dez millóns de euros 

G24.gal 20/04/2024 19:43 Última actualización 20/04/2024 21:04

A Policía Nacional e a Axencia Tributaria dan por desmantelada a maior organización criminal de narcotráfico no leste da Península Ibérica. Na operación policial efectuáronse 31 detencións, entre elas o suposto cerebro da rede, 'o narco da Wikipedia'. Contaba en Internet como levaba a cabo este comercio ilegal. 

Na operación en que participaron axentes da Policía nacional e da Axencia Tributaria, ademais de policías doutros países, leváronse a cabo 23 rexistros e 31 arrestos. Un dos detidos é  o 'narco da Wikipedia', un británico considerado o cerebro desta organización criminal asentada na zona do Levante.

"O arrestado era coñecido por contar as súas fazañas sobre o tráfico de drogas en portais de Internet. Ademais contaba cunha traxectoria criminal que supera os 30 anos. Antes de ser arrestado, fíxolles fronte aos axentes aos que chegou a apuntar cunha escopeta".

En alta mar, incautáronse dun cargamento de máis de 1.100 quilos de cocaína a bordo dun veleiro que viaxaba desde Surinam a Valencia. E desbaratouse o envío doutra tonelada da mesma droga. Na operación policial confiscáronse tres embarcacións valoradas en catro millóns de euros, 44 vehículos e outros tantos inmobles, 40 reloxos, obras de arte, teléfonos, tres armas longas e un moedeiro virtual de criptomoedas, ademais de bloquear 74 contas bancarias. Os activos comisados están valorados en dez millóns de euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade