Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido nun narcopiso de Barcelona o asasino de Alcàsser Miguel Ricart

Detido nun narcopiso de Barcelona o asasino de Alcàsser Miguel Ricart

Ricart foi condenado a penas que sumaban 170 anos prisión, pero desde 2013 está en liberdade

G24.gal 20/12/2022 23:53 Última actualización 21/12/2022 00:08

Os Mossos d'Esquadra e a Garda Urbana de Barcelona detiveron este martes nun narcopiso do barrio do Raval da capital catalá a Miguel Ricart, de 53 anos, que foi condenado pola súa participación no chamado crime de Alcàsser.

Segundo avanzou La Vanguardia, Ricart foi detido esta tarde nunha operación policial conxunta entre os Mossos e a Urbana na que se realizou unha entrada e rexistro, con orde xudicial, nun piso no que se traficaba con drogas.

O obxectivo desta actuación era deter o responsable deste narcopiso, que resultou ser Miguel Ricart, condenado en 1997 por ser considerado culpable do crime de Alcàsser, no que foron torturadas, violadas e asasinadas tres adolescentes de 14 e 15 anos deste municipio.

Na operación policial contra este narcopiso do Raval deteron outra persoa, segundo as fontes consultadas por EFE.

A investigación sobre este narcopiso iniciouse hai meses, ante o que se creou un equipo conxunto entre os Mossos e a Garda Urbana, con axentes da unidade de investigación e da unidade territorial de Ciutat Vella da Policía Local barcelonesa.

Ricart foi condenado a penas que sumaban 170 anos prisión, pero desde 2013 está en liberdade. Saíu do centro penal de Herrera de la Mancha (Cidade Real) en novembro dese ano, tras ver reducida a súa sentenza a 21 anos pola suspensión da denominada doutrina Parot.

A súa detención prodúcese un mes despois de que o Xulgado de Instrución número 6 de Alzira, que dirixe a investigación da peza separada do caso Alcàsser que permanece aberta, ordene ou autorice varias probas de restos achados na fosa onde foron enterradas as tres menores tras ser asasinadas.

As peticións partiron da Asociación Laxshmi para a loita contra o crime -que exerce a acción popular- que solicitou ao xulgado que dea un impulso procesual ao caso.

Ricart foi o único procesado, mentres que Antonio Anglés aínda é buscado polos asasinatos de Toñi, Miriam e Desirée, cuxos corpos foron achados semienterrados en xaneiro de 1993 -hai agora 29 anos- nunha paraxe montañosa da localidade de Tous. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade