Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidas dúas persoas por estafar 65.000 euros polo método da 'sextorsión' a un home de Lugo

Detidas dúas persoas por estafar 65.000 euros polo método da 'sextorsión' a un home de Lugo

A vítima foi ameazada en dúas ocasións coa difusión de imaxes íntimas súas

Os detidos, un varón de 24 anos de Monforte e unha muller residente en Lugo, non teñen relación

G24.gal 29/09/2022 13:58

A operación Parrulo iniciouse hai meses polo equipo Arroba da Garda Civil de Lugo tras a denuncia presentada por un home, vítima dun presunto delito de extorsión a través de medios telemáticos. A vítima denunciou que unha persoa coa que intercambiara imaxes intimas lle esixira o pago 6.000 euros para non difundilas. O extorsionador, un home de 24 anos de Monforte de Lemos, foi detido, se ben non pasou a disposición xudicial.

Durante a investigación comprobouse que o home nese mesmo espazo de tempo fora obxecto doutra sextorsión, nesta ocasión de 59.000 euros. A vítima recibira varias chamadas ameazando da difusión de imaxes íntimas súas, incluso ao correo electrónico do seu traballo, se non ingresaba diferentes cantidades en contas bancarias radicadas na República Dominicana.

As pescudas levaron á detención no aeroporto de Baraxas dunha muller dominicana de 59 anos residente en Lugo que se fixera pasar por amiga súa e incluso lle ofrecera axuda coas extorsións cando en realidade ela era unha das persoas estafadoras. Xunto a ela hai outro veciño de Lugo imputado en calidade de investigado pola súa presunta implicación. Entre os autores das dúas extorsións, que ascenden a 65 mil euros en total, non existe vinculación.

A muller, á que se lle imputa un delito de extorsión, pasou a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Viveiro. Quedou en liberdade con comparecencias semanais, retiróuselle o pasaporte e prohibíuselle saír de España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade