A muller detida en Ferrol estaba moi radicalizada e enviaba cartos para financiar atentados xihadistas
A muller detida en Ferrol estaba moi radicalizada e enviaba cartos para financiar atentados xihadistas
A mais da muller detida en Ferrol, tamén foi arrestado un home en Cartaxena. Os detidos, afíns a DAESH, autocapacitábanse mediante o consumo de manuais explosivos, segundo a Policía Nacional
Os arrestados son un home e unha muller que pasaron a disposición do Xulgado Central de Instrución número Seis da Audiencia Nacional. A muller detida en Ferrol foi enviada a prisión.
Prisión para a detida en Ferrol por financiamento do terrorismo xihadista
A muller detida este martes en Ferrol pola súa presunta relación con DAESH foi enviada a prisión por delitos relacionados co terrorismo xihadista. Segundo o comunicado de prensa da Policía Nacional, a muller estaba "moi radicalizada" e tanto ela como outro detido na mesma operación tiñan manuais para facer explosivos e enviaban diñeiro a grupos terroristas para financiar a loita armada, segundo detallou a Policía Nacional.
O xuíz da Audiencia Nacional Antonio Piña decretou o venres prisión provisional e sen fianza para unha moza que foi detida o martes en Ferrol e á que se atribúen delitos de financiamento do terrorismo xihadista, autoadoutrinamento e colaboración con organización terrorista.
Esta operación contra o xihadismo comezou en febreiro de 2025 e de momento producíronse dúas detencións este martes
A Policía Nacional detivo un home en Cartaxena e a unha muller en Ferrol, nunha operación contra o terrorismo xihadista. Os arrestados están acusados dos delitos de enaltecemento, autoadoutrinamento e adoutrinamento a terceiros e financiamento do terrorismo. Os arrestados utilizaban as redes sociais para divulgar todo tipo de contidos afíns á organización terrorista Estado Islámico, DAESH.
As detencións producíronse o martes desta semana, pero a investigación comezara en febreiro de 2025. Daquela, axentes da Policía Nacional detectaron unha persoa que divulgaba na rede todo tipo de material xihadista afín ás proclamas de DAESH. Tras as primeiras análises comprobaron como, ademais, estaba a facer provisión de manuais e materiais para a autocapacitación na elaboración de explosivos, cintos explosivos e detonadores. Estes manuais proporcionábanllos membros da organización terrorista situados en Siria.o en prisión da detida.
Momento da detención do home en Cartaxena. Imaxe da Policía Nacional
A investigación puido relacionar a esta persoa, que estaba moi radicalizada, con outro suxeito co que compartía os dogmas terroristas e que tamén utilizaba as redes sociais como altofalante de DAESH.
A Policía Nacional destaca no seu comunicado que estas dúas persoas enviaban cartos a grupos terroristas afincados en zonas de conflito, para financiar a causa armada.
A investigación desenvolveuse por axentes da Comisaría Xeral de Información, coa colaboración das Brigadas Provinciais de Información de Murcia e A Coruña e as Brigadas Locais de Información de Ferrol e Cartaxena.
Toda a operación estivo dirixida polo Xulgado Central de Instrución número Seis e a Fiscalía da Audiencia Nacional. Tamén contou co apoio de EUROPOL e as Autoridades iraquís.
Este venres, os arrestados foron postos á disposición do Xulgado Central de Instrución número Seis.