Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha veciña de Tui, detida pola queima de coches

Unha veciña de Tui, detida pola queima de coches

Ao parecer, actuou por unha vinganza familiar

O concello conta con ter retirados os coches esta noite

G24.gal 20/03/2023 16:56 Última actualización 20/03/2023 22:12

As rúas da zona vella de Tui aínda conservan as pegadas dunha noite insólita. Esqueletos dunha vintena de coches calcinados e residuos da extinción do lume.  A Policía Xudicial e un equipo da Científica analizaron os restos durante todo o día para recabar probas.

As imaxes das cámaras situadas no lugar dos feitos permitiron localizar a presunta responsable: unha muller de 50 anos, residente da zona e que está sendo interrogada en dependencias policiais antes de pasar a disposición xudicial.

O alcalde di que é a única detida e que os motivos aínda se están investigando.

A muller parece que actuou por unha vinganza familiar, que foron as disputas por unha herdanza as que a levaron a prenderlles lume aos coches aparcados dos seus familiares. O resto dos vehículos, ata 21, e os desperfectos ocasionados nos edificios próximos por mor do lume, serían danos colaterais.

A alarma saltou ás 4 da madrugada, cando os servizos de emerxencia comezaron a recibir chamadas porque ardían os coches aparcados na parte histórica da cidade. Comezaba unha noite en vela para ducias de veciños, que se amosan aínda preocupados e consternados polo que presenciaron

Mobilizáronse bombeiros de Valença, Baixo Miño e Ponteareas e Protección Civil de Tui, O Porriño e Mos. A policía local di que é a primeira vez que se queiman tantos coches xuntos.


O Concello conta con ter retirados esta noite todos os vehículos  para proceder a limpar e desinfectar a zona pola mañá. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade