Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detida con 120 doses de cocaína unha parella que introducía droga en Lugo

Detida con 120 doses de cocaína unha parella que introducía droga en Lugo

Nas próximas horas pasarán á disposición xudicial

G24.gal 20/03/2023 09:23

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron en Lugo, por un delito de tráfico de drogas, unha parella á que interviñeron unhas 120 doses de cocaína.

Despois de semanas obtendo as probas necesarias para imputar os sospeitosos por un suposto delito de tráfico de drogas, os investigadores tiveron coñecemento da compra dunha determinada cantidade de droga para a súa inmediata entrega na cidade de Lugo.

Interceptaron o coche dos sospeitosos con axuda de axentes da Brigada de Seguridade Cidadá. No rexistro, os axentes acharon no vehículo cento vinte dose de cocaína e uns 1.000 euros en efectivo.

Ambos os sospeitosos foron detidos e trasladados a dependencias policiais como investigados por un suposto delito de tráfico de drogas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade