Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detida unha parella por deixar só o seu fillo na rúa para ir de festa en Murcia

Detida unha parella por deixar só o seu fillo na rúa para ir de festa en Murcia

G24.gal 06/05/2024 13:25

En Murcia, a policía detivo unha parella por abandonar o seu fillo de dous anos para saír de festa.

O neno deambulaba só e descalzo no aparcadoiro dunha zona onde hai varias discotecas. Alí a policía localizou un coche aberto cunha cadeira de bebé e os zapatos do cativo no seu interior, e chamaron os servizos sociais.

Unha portavoz da Policía Local explicou que mentres a unidade realizaba estas xestións achegouse unha parella. Dixeron que eran os pais e que asistiran a unha actuación musical nunha discoteca da zona.

Os axentes detiveron a parella como presuntos autores dun delito de abandono dun menor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade