Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detida Aminata Diallo, xogadora do PSG, pola violenta agresión a unha compañeira

Detida Aminata Diallo, xogadora do PSG, pola violenta agresión a unha compañeira

Hamraui foi agredida por dous encapuchados cunha barra de ferro cando regresaba á casa

G24.gal 11/11/2021 09:40

A futbolista do París Saint-Germain Aminata Diallo foi detida pola policía francesa pola súa suposta relación coa violenta agresión sufrida pola súa compañeira de equipo Kheira Hamraui.

Hamraui foi agredida por dous encapuchados cunha barra de ferro cando regresaba á casa en compañía da propia Diallo e outra compañeira, que saíron ilesas.

A policía investiga se Diallo contratou os dous sicarios para lesionar a Hamraui e facerse cun posto de titular no PSG e na selección francesa, xa que ambas as dúas xogan na mesma posición. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade