O Celta vence os Wolves cun gran gol de Pablo Durán
O tomiñés aproveitou un bo envío de Beltrán para anotar o único tanto do encontro
Bryan Zaragoza xogou media hora na súa estrea como celeste
O Celta xogou o último partido da preemporada contra o Wolverhampton, onde saíron de titulares os ex-xogadores do Celta Fer López e Strand Larsen. Antes do comezo do partido realizouse unha homenaxe a Diogo Jota.
Os vigueses comezaron forte o partido, dominando e tendo varias aproximacións e ocasións as cales foron finalizadas gran parte delas por parte de Ferran Jutglá que non acabou de ter sorte de cara a porta. Co paso dos minutos o s Wolves conseguiron ir calmando o ritmo do Celta co partido estabilizandose sen grandes ocasións para ningún dos dous equipos.
A segunda parte iniciou con cambos destacando o debut de Bryan Zaragoza cos vigueses que xogou media hora antes de ser substituído. Na segunda parte o Celta conseguiría adiantarse con un gran remate de Pablo Durán despois dun envío de Fran Beltrán na saída dun saque de esquina. Minutos despois o destacado sería Radu ao realizar unha importante parada nun remate de cabeza próximo nun saque de esquina.
Coa vitoria o Celta remata a pretemporada con un balance de 3 derrotas e 3 vitorias antes de comezar a liga o próximo fin de semana.