Publicador de contidos

Publicador de contidos

Deteñen unha empregada de Vitrasa e a súa parella pola queima de autobuses en Vigo

Deteñen unha empregada de Vitrasa e a súa parella pola queima de autobuses en Vigo

No rexistro do seu domicilio atoparon efectos relacionados cos feitos

A xuíza que lles tomou declaración decretou para o home prisión provisonal, mentres que a súa parella quedou en liberdade 

G24.gal 24/05/2023 13:28 Última actualización 24/05/2023 16:12

A Policía Nacional detivo un home e unha muller como presuntos autores de dous delitos de incendio e estragos pola queima de dous autobuses urbanos en Vigo, sendo ela empregada da concesionaria municipal Vitrasa, dona dos vehículos calcinados.  

Os feitos remóntanse á madrugada do domingo 1 de maio, cando un autobús comezou a arder nunha céntrica rúa da cidade olívica quedando totalmente calcinado.  

Horas antes, esa mesma noite, outro vehículo sufrira un conato de incendio. Nesta ocasión, o lume puido ser sufocado polo propio condutor cun extintor, pero causando danos.

A investigación levada a cabo polos axentes determinou que o autor de ambos os incendios era a mesma persoa, un home en confabulación coa súa parella sentimental, unha muller que participaría "activamente" nos feitos, resultando ser empregada de Vitrasa.  

No rexistro do seu domicilio atoparon efectos relacionados cos feitos que motivaron a investigación. 

Tras ser postos a disposición xudicial, maxistrada do Xulgado de Instrución número un de Vigo decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza para o home por queimar os dous autobuses, mentres que decretou a posta en liberdade da súa parella e suposta cómplice.

Pola súa banda, o presidente do comité de empresa, Imanol Arnoso (CIG), mostrou o seu "total rexeitamento" cara a este tipo de actos, reivindicando que desde os representantes dos empregados sempre promoveron "accións legais" para conseguir os seus obxectivos, como os paros parciais, as folgas ou as manifestacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade