Cargando resultados...
Deteñen un home supostamente relacionado coa morte da súa nai en Barcelona
Os investigadores manteñen aberto o caso por se houbese máis persoas implicadas no crime

G24.gal
18/06/2024 20:31
Deteñen un home de 42 anos pola súa presunta relación coa morte violenta da súa nai en Barcelona.
O corpo da vítima, de 68 anos, apareceu o domingo no seu domicilio da rúa Carrer del Carme, no distrito de Ciutat Vella.
Está previsto que o fillo pase á disposición xudicial este mércores. Os investigadores manteñen aberto o caso por se houbese máis persoas implicadas no crime.