Cargando resultados...
Deteñen un home no aeroporto de Santiago por levar máis de medio quilo de cocaína
Os axentes rexistrárono e atoparon un paquete suxeito á roupa interior

G24.gal
05/08/2022 17:45
A Garda Civil detivo no aeroporto de Santiago un home con máis de medio quilo de cocaína. Os axentes notaron que o pasaxeiro se comportaba de forma sospeitosa no control de seguridade cando ía coller un voo a Eivisa.
Rexistrárono e localizaron un paquete acaroado á altura dos xenitais e suxeito á roupa interior. O home, orixinario de Vilagarcía de Arousa, foi detido como autor dun suposto delito contra a saúde pública. O xuíz decretou o seu ingresou en prisión provisional sen fianza.